Compartimos a intervención realizada polo alcalde de Sada no acto institucional celebrado na mañá de hoxe no Pazo de Meirás e convocado polo goberno do estado. Nela recollense e resumense as demandas do Concello de Sada que desde as memorias compartimos plenamente Benvidas todas e todos a Sada, e a estas Torres de Meirás que hoxe son símbolo e referencia, mais tamén obxectivo, da recuperación da memoria democrática e de recoñecemento público e democrático ás vítimas da ditadura. Ninguén, tampouco o poder público, pode saber a onde vai se non sabe de onde vén. Monzo, Prego, Carballeira, os irmáns Suárez Picallo, Gerpe, o alcalde de Sada Fernández Pita..... todas as persoas que viron truncadas as súas vidas, condenadas ao exilio, á persecución, á pobreza, ao espolio, ou a ser asasinadas polo simple feito de ser demócratas. A todas e todos eles, o recoñecemento debido. E algo mais. O compromiso de manter viva e activa a súa memoria, como exemplo para o futuro. Fascismo nunca máis. Como ...