As memorias piden unha homenaxe ás vítimas en Meirás
Na reunión co responsábel de Memoria Democrática do Goberno do Estado, Fernando Martínez, as memorias galegas mostraron o seu malestar pola decisión gobernamental de impedir a celebración da manifestación do 19 de xuño no interior de Meirás. Os colectivos agrupados na Iniciativa Defende Meirás volveron reclamar do Goberno central e da Xunta de Galiza accións urxentes para a protección dos bens do Pazo contra a rapina dos Franco e solicitaron o compromiso de que Meirás se converta nun lugar de memoria. Na reunión da coordinadora da Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) celebrada este xoves, o sentir maioritario das memorias do país agrupadas na IGM e na Iniciativa DEFENDE MEIRÁS , que coordina a campaña para reclamar a urxente protección dos bens do Pazo diante do intento dos Franco de continuar co espolio, é un fondo malestar coa actitude do Goberno central de impedir a celebración da marcha do 19 de xuño nos xardíns do Pazo. Por iso, na reunión celebrada esta mañá na Coruña co Secreta...
Comentarios
Publicar un comentario