PROTEXAMOS O QUE É NOSO
Nas últimas semanas comparecemos atónitos á capacidade da familia Franco para botar pulsos á democracia. Nesta ocasión ao redor da propiedade dos bens mobles do Pazo de Meirás.
Desde a Iniciativa Galega pola Memoria e as entidades e personas que lanzamos e apoiamos a iniciativa #DefendeMeirás entendemos que a medida mais urxente e garantista a respecto de evitar a saida dos bens mobles do Pazo de Meirás é incorporar o catálogo desos bens á xa existente declaración de Ben de Interese Cultural da que goza o Pazo de Meirás coa categoría de "Sitio Histórico".
Compre polo tanto que a Consellaría de Cultura publique ese anexo, incoando a ampliación da declaración BIC a esos bens e publicando esa declaración no DOGA. Desde a IGM xa o fixemos. O solicitamos formalmente e convidamos e animamos a todas as entidades e persoas a título individual a que fagan o mesmo.
Para elo poñemos a disposición un modelo de escrito para que podas cubrilo e envialo.
Primeiramente descarga o documento nun destes formatos:
Modelo de escrito ↓
Modelo de escrito ↓
Cubre os datos do encabezamento e presentao por rexistro electrónico (preferentemente). No caso de non dispor dun certificado electrónico ou claves para facelo, remitilo ao enderezo electrónico:
conselleiro.cultura.educacion@xunta.gal
Nós xa o fixemos !
Total de acordo pero non me permitiu o sistema aportar os meus datos...pero Adiante!!!
ResponderEliminar