"Vostedes móvense na medida que nós nos movemos. Vostede está hoxe aquí porque nós movémonos hai unha semana. Se nós paramos, vostedes paran", díxolle Carlos Babío, portavoz de DEFENDE MEIRÁS, á ministra Carmen Calvo á entrada do Pazo de Meirás, no mesmo lugar onde unha semana antes tivo lugar a maior mobilización do memorialismo galego dos últimos quince anos. O Estado reúne á Xunta, á Deputación e os concellos de Sada e da Coruña en Meirás para facer unha foto e non dar solución ningunha ás demandas urxentes sobre a protección dos bens do Pazo nin ás demais demandas do movemento memorialista galego. "Vostedes móvense na medida que nós nos movemos. Vostede está hoxe aquí porque nós movémonos hai unha semana. Se nós paramos, vostedes paran", díxolle Carlos Babío, portavoz de DEFENDE MEIRÁS , á ministra Carmen Calvo á entrada do Pazo de Meirás, no mesmo lugar onde unha semana antes tivo lugar a maior mobilización do memorialismo galego dos últimos quince anos. A mini...
· A mobilización da memoria pretende afirmar a propiedade pública e reivindicar a protección para todos os bens do espazo. · Tanxugueiras protagonizarán a festa nos xardíns de Meirás o 19 de xuño cunha actuación que porá o ramo á manifestación en defensa do Pazo. · O ilustrador Luis Davila cedeu a viñeta para o cartel do evento na que o pobo toma as chaves do Pazo de Meirás. · A CRMH da Coruña e o Concello de Sada disporán autobuses desde A Coruña e Sada para facilitar os desprazamentos. “Asumiremos as condicións que determine o Estado, mais non imos renunciar a manifestarnos no interior do Pazo de Meirás o próximo 19 de xuño”, advertiu Carlos Babío, portavoz da Iniciativa Defende Meirás, durante a presentación este xoves do evento que o movemento memorialístico galego convoca co apoio de máis de sesenta asociacións veciñais e sociais como colofón á campaña lanzada pola Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) hai un mes. O Pazo para o pobo e a ...
Era o 8 de decembro de 1974. O estado franquista celebra un acto na residencia oficial (de inverno) da xefatura do estado. O "Palacio de El Pardo". O motivo, un acto de propaganda do réxime de homenaxe ao ditador e de recoñecemento ao que sería o sucesor de Franco e que encarnaba un "símbolo de continuidad y de futuro" en palabras do ministro "del Movimiento" Utrera Molina (pai do avogado dos Franco que defende sacar esta ánfora - entre otros bens - do Pazo de Meirás como propiedade particular dos netos do ditador). O acto tiña como protagonista á xuventude que a través da "Delegación Nacional de Juventud" realizaba un acto de lealdade a Franco e ao seu sucesor. Entre os actos programados estaba a entrega dun "anfora púnica rescatada en el estrecho por submarinistas ceuties encuadrados en la OJE". "Esta vasija cuya antigüedad data del siglo III antes de jesucristo lleva la inscricipción "vino nuevo en ánfora vieja". Que o...
Comentarios
Publicar un comentario