Defende Meirás anima a inundar a Xunta con cartas contra o novo espolio dos Franco

• Colectivos memorialistas do país comenzan a enviar ao conselleiro de Cultura peticións para que blinde os bens mobeis do Pazo a través do DOG

• Ligazón o documento modelo para a presentación de peticións: https://defendemeiras.blogspot.com/p/protexamos-o-que-e-noso.html

A Iniciativa Defende Meirás solicitou formalmente á
Consellería de Cultura que, aos efectos "de preservar e salvagardar a integridade do BIC Torres de Meirás", incorpore ao anexo da declaración de Ben de Interese Cultural todos os bens móbeis asociados á categoría de sitio histórico, tanto do interior das edificacións coma dos exteriores das Torres, publicando de inmediato o catálogo deses bens. 

No escrito que está a distribuír a Iniciativa Defende Meirás a través das redes sociais, reclámase que se dean todos os pasos necesarios para impedir que os herdeiros do ditador poidan retirar eses bens e infórmase que "a mera incoación dese expediente outorgaría a todos os bens a protección á que fai referencia o art. 17.4 da Lei de Patrimonio cultural de Galiza". 

Defende Meirás convida e anima a todas as entidades memoria do país e persoas a título individual a que presenten ese escrito, mediante o rexistro electrónico ou a través do correo: conselleiro.cultura.educacion@xunta.gal 

O modelo para as peticións pode descargarse na seguinte ligazón: https://defendemeiras.blogspot.com/p/protexamos-o-que-e-noso.html 

Carlos Babío, como un dos portavoces da Iniciativa Defende Meirás e en nome da IGM, xe presentou este venres o primeiro dos escritos. Tamén o están a facer asociacións memorialísticas de todo o país, como a CRMH da Coruña, que ademais enviou comunicacións aos seus socios lembrando que "nas últimas semanas comparecemos atónitos á capacidade da familia Franco para botar pulsos á democracia. Nesta ocasión ao redor da propiedade dos bens mobles do Pazo de Meirás", e pedindo que se sumen a acción colectiva. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Un ánfora do século III (AC), agasallo de estado en 1974, entre os bens que a familia Franco pretende sacar do Pazo de Meirás

“O movemento memorialístico galego non vai renunciar a manifestarse no interior de Meirás o 19X”

Carmen Calvo recoñece que o Estado actúa pola presión das memorias galegas