Un ánfora do século III (AC), agasallo de estado en 1974, entre os bens que a familia Franco pretende sacar do Pazo de Meirás


Era o 8 de decembro de 1974. O estado franquista celebra un acto na residencia oficial (de inverno) da xefatura do estado. O "Palacio de El Pardo". O motivo, un acto de propaganda do réxime de homenaxe ao ditador e de recoñecemento ao que sería o sucesor de Franco e que encarnaba un "símbolo de continuidad y de futuro" en palabras do ministro "del Movimiento" Utrera Molina (pai do avogado dos Franco que defende sacar esta ánfora - entre otros bens - do Pazo de Meirás como propiedade particular dos netos do ditador).

O acto tiña como protagonista á xuventude que a través da "Delegación Nacional de Juventud" realizaba un acto de lealdade a Franco e ao seu sucesor. Entre os actos programados estaba a entrega dun "anfora púnica rescatada en el estrecho por submarinistas ceuties encuadrados en la OJE".

"Esta vasija cuya antigüedad data del siglo III antes de jesucristo lleva la inscricipción "vino nuevo en ánfora vieja".

Que os Franco pretendan apropiarse deste ben, e que un xulgado, lonxe de protexer o patrimonio público, acepte como normal este feito, non se pode aceptar nunha sociedade normal desde o punto de vista democrático.


O video completo do acto organizado polo estado no "Palacio del Pardo" filmouno o NODO da época, e pode verse unha ampla reportaxe nesta ligazón do arquivo da CRTVE:










Comentarios

Publicacións populares deste blog

Carmen Calvo recoñece que o Estado actúa pola presión das memorias galegas

“O movemento memorialístico galego non vai renunciar a manifestarse no interior de Meirás o 19X”