Cinco cadeiras, de estilo neogótico con tapicerías bordadas por Emilia Pardo Bazán e outras mulleres da familia, entre os bens que poden sair de Meirás

Cadeiras bordadas pola familia Pardo Bazán na situación actual na capela das Torres de Meirás

Orixinalmente estaban situadas no despacho da planta baixa da Torre de Levante e a de maiores proporcións, con brazos e co retrato de Catalina de Alexandría, era a do escritorio de Emilia Pardo Bazán.

As cinco cadeiras foron cambiadas de ubicación na etapa franquista, e son bens mobles do Pazo de Meirás que a familia Franco reclama para sí.

Estos bens atopabanse loxicamente nas Torres de Meirás no ano 1938, cando o Pazo foi adquirido pola Junta Pro Pazo del Caudillo en escritura pública o 5 de agosto dese ano 1938. Esta escritura é a unica válida (segundo as duas últimas sentenzas a respecto da titularidade do Pazo de Meirás) e nela establecese que estas cadeiras estaban incluidas na compra do Pazo de Meirás (como o resto dos bens mobles do Pazo)

Escritura de compra venda do Pazo de Meirás asinada no despacho do Gobernador Civil da Coruña o 5 de agosto de 1938 ante o notario Cándido López Rua 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Un ánfora do século III (AC), agasallo de estado en 1974, entre os bens que a familia Franco pretende sacar do Pazo de Meirás

“O movemento memorialístico galego non vai renunciar a manifestarse no interior de Meirás o 19X”

Carmen Calvo recoñece que o Estado actúa pola presión das memorias galegas