ASINA esta petición en change.org

🟢 Protexamos o que é noso. Defende Meirás!

A Iniciativa Defende Meirás está a difundir entre as asociacións de memoria de todo o país unha carta para inudar a Xunta de Galiza cunha demanda moi concreta: que se publique no DOGA o catálogo de bens móbeis do Pazo de Meirás para asocialos a protección da que goza o BIC diante dun novo intento de rapina dos Franco.

En paraleo esta campaña, a Iniciativa Defende Meirás lanzou esta semana unha campaña en change.org na que insiste: «entendemos que a medida máis urxente e garantista a respecto de evitar a saída dos bens mobles do Pazo de Meirás é incorporar o catálogo deses bens á xa existente declaración de Ben de Interese Cultural da que goza o Pazo de Meirás coa categoría de 'Sitio Histórico'. Cómpre polo tanto que a Consellaría de Cultura publique ese anexo, incoando a ampliación da declaración BIC a eses bens e publicando esa declaración no DOGA. Desde a IGM xa o fixemos. O solicitamos formalmente e convidamos e animamos a todas as entidades e persoas a título individual a que fagan o mesmo.»
Asina e difunde
En 24 horas xa sumamos máis de 700 peticións...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Un ánfora do século III (AC), agasallo de estado en 1974, entre os bens que a familia Franco pretende sacar do Pazo de Meirás

“O movemento memorialístico galego non vai renunciar a manifestarse no interior de Meirás o 19X”

Carmen Calvo recoñece que o Estado actúa pola presión das memorias galegas