Duas cornamentas de elefante que xa sofriron a rapiña dos Franco no Pazo de Meirás

 


En abril de 1940 o Pazo de Meirás estaba en pleno proceso de transformación. Ampliación da finca, modificacións siñificadas na decoración nos xardíns e no interior das Torres, resctructurando estancias e elementos mobles. Non poucos destos elementos foron conducidos a Meirás coa participación e xestión de diferentes departamentos e institucións públicas, que demostran o caracter público destes bens.

Foi o caso de duas cornamentas que chegaron por esas datas ao Pazo de Meirás e que o público podía visitar ata non hai moito no hall principal do acceso ás Torres, cando a Fundacion Francisco Franco organizaba o guiado das persoas que previamente se anotaban para visitar as mañás dos venres a antiga residencia oficial de verán do ditador Franco.

As cornamentas chegaban desde a antiga Guinea española á Sede do
Goberno Civil da Coruña a finais dese mes de abril de 1940. O envío o realizaba o propio gobernador de Guinea, Juán Fontán Lobé, co fin de que estas pezas, "dos colmillos de elefante de metro y medio de longitud" foran colocadas no interior do Pazo de Meirás.

E alí permaneceron desde 1940 ate o ano 2020. Ou cando menos, moi pouco tempo antes de que Consuelo Castro, Avogada Xeral do Estado, tomase posesión en nome da Administración Xeral do Estado o pasado 10 de decembro.

Pouco antes dese día, a familia Franco entregara a chave no xulgado nº 1 de primeira Instancia da Coruña. E con anterioridade a esa entrega xa retiran os colmillos xunto con outros elementos que pretendían retirar en camións de mudanza.

O resto da historia xa é coñecida. E agora corremos o risco que o resto de bens corran a mesma sorte que os colmillos. Compre actuar con urxencia e protexer os bens que son de todos e todas.

Localización actual na que estaban os colmillos de elefante que hoxe faltan no vestíbulo do Pazo de Meirás


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Carmen Calvo recoñece que o Estado actúa pola presión das memorias galegas

Un ánfora do século III (AC), agasallo de estado en 1974, entre os bens que a familia Franco pretende sacar do Pazo de Meirás

“O movemento memorialístico galego non vai renunciar a manifestarse no interior de Meirás o 19X”